Soprano & vocal coach
A Casa das Campás acolle o luns un concerto da soprano Bonnie Cooper e o pianista Samuel Serrano.
O programa deste recital con entrada libre está composto por pezas de compositoras de diferentes séculos
A abadesa, física e compositora alemá Hildegar von Bingen, a cantante e poeta italiana Francesca Caccini, primeira muller en compoñer unha ópera; a pianista Fanny Mendelssohn, irmá de Felix Mendelssohn; ou a tamén pianista Clara Schumann. Todas elas estarán presentes no percorrido en feminino pola historia da música que o vindeiro luns 20 realizarán na Casa das Campás a soprano Bonnie Cooper e o pianista Samuel Serrano, co propósito de recuperar “un mundo de musicas que están case que esquecidas, soamente pola razón de ter sido escritas por mulleres”, como salienta esta cantante formada na Universidade de Ottawa (Canadá).